28/8/16

Proyecto TIERRA DE DAMANES: Fichas del mes de agosto de 2016


La Red de Custodia del Patrimonio Natural Cinegético de la UNAC lanza dos nuevas fichas coleccionables del Proyecto formativo para cazadores Tierra de Damanes, con el que busca la preservación y recuperación del Conejo de Monte.

FICHA Nº 005 (agosto de 2016): 

FICHA Nº 006 (agosto de 2016): 

El Proyecto Tierra de Damanes tiene como objetivos básicos dar una formación básica a los cazadores, ayudar a entender los errores que estamos cometiendo y unificar criterios en la gestión del conejo de monte. 

Las fichas publicadas hasta la fecha pueden descargarse en el AULA VIRTUAL DE LA UNAC

27/8/16

PRIMER ENCUENTRO NACIONAL DE JOVENES CAZADORES


Proposta de O-Xan para a mellora das axudas de prevención dos danos do lobo ó gando

O-Xan (Grupo de Debate e Opinión sobre a xestión do lobo en Galicia) valora positivamente a iniciativa levada a cabo dende a Consellería de Medio Ambiente para retomar a liña de axudas para a implantación de medidas preventivas de ataque de especies salvaxes, despois de que transcorreran máis de 4 anos dende a última convocatoria aberta de axudas para este tipo de investimentos.

Nembargante, consideramos que varios dos puntos que propuxemos no documento público remitido á Consellería o pasado mes de xaneiro quedaron sen atender e deben ser modificados e formar parte das convocatorias anuais destas axudas:

1) As axudas preventivas deben ser difundidas entre todos os axentes implicados no rural para a súa maior efectividade. Neste senso, consideramos que deberían terse publicado a comezos de ano e permitir a solicitude das mesmas durante varios meses para posibilitar a realización dos investimentos por parte do peticionario e permitir a entrega da documentación durante alomenos un mes dende que ten realizado o investimento. Novamente o principal motivo é a planificación nas explotacións da implantación das medidas preventivas.

2) Na proposta enviada dende O-Xan o pasado mes de xaneiro incluíamos certos investimentos que agora non están contemplados e que son imprescindibles para a protección do gando como son os peches fixos con malla ovelleira e arames electrificados (que estaban contemplados na anterior orde de axudas de 2012 e que non entendemos que se eliminara). A redución dos métodos de prevención que presenta esta convocatoria de axudas (en comparación á última do 2012) preocúpanos na medida en que estase a esquecer un elemento fundamental no sistema de prevención de ataques de lobo, os peches fixos.

Tamén resultan insuficientes as 4 mallas móbiles subvencionables por explotación en sistemas de manexo de gando extensivos ou semi-extensivos polo que debería poder contemplarse unha excepcionalidade nestas situacións para incrementar o número de mallas subvencionables.

3) En canto aos mastíns, nesta convocatoria só se contempla axuda para a adquisición dos cans pero non para o seu mantemento (cartilla sanitaria, sistema de identificación, vacinacións, manutención e alimento), polo que debería incluírse un apartado específico para o mantemento dos mesmos. Asimesmo, a idade de adquisición debe reducirse a 4 meses, xa que é nos primeiros meses de idade cando o mastín crea o vínculo co gando da explotación. Se se retarda un ou dous meses, o resultado pode ser a perda da utilidade do can. A adquisición de cans mastíns non é un tema sinxelo, xa que require de planificación e acordo entre o criador e o gandeiro que o necesita; é por iso que solicitamos que se amplíe o prazo de xustificación e se regularice a publicación destas axudas nos vindeiros anos.

Dende O-Xan pensamos que esta medida debería ir acompañada dun plan de cría de mastíns, semellante ao realizado entre os anos 2006 e 2011, regulado por un convenio entre OVICA (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia) e a propia Consellería de Medio Ambiente. Ese plan permitiu establecer en Galicia liñas de cans de traballo de mastín leonés que se perderon hoxe en día pola non continuidade deste programa esencial, o que hoxe provoca dificultade para atopar animais dispoñibles dentro do período de xustificación do investimento previsto (ata o 30 de setembro).

É indispensable que esta liña de axudas teña continuidade no tempo e non se limite a unha convocatoria esporádica. A paralización destas axudas o único que provoca é unha desafección polo propio agricultor/a – gandeiro/a, que non se sinte respaldado pola administración. A súa publicación de forma descontinua non permite unha correcta planificación da implantación das medidas preventivas.

Por último, dende O-Xan, como grupo aberto, estamos a disposición da Consellería para tentar de mellorar esta axuda nas vindeiras convocatorias e animamos a todos aqueles gandeiros e agricultores a solicitar a axuda nesta convocatoria, pois os investimentos subvencionables son a base para unha correcta implantación dos sistemas de prevención de ataques de lobo.

UNITEGA FORMA PARTE DE "O XAN".

RESUMO PERIODOS DE CAZA EN GALICIA 2016/17

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2016/17
Tempada xeral: 16 de outubro de 2016 e o 6 de xaneiro de 2017
Arcea: 16 de outubro de 2016 e o 6 de xaneiro de 2017. Poderase prolongar ata o día 12 de febreiro de 2017. Cota de 3 por cazador e día.
Lebre: 16 de outubro e o 27 de novembro de 2016.
Raposo: No período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en batida. Batidas desde o 3 de setembro ata o 15 de outubro de 2016, e desde o 7 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2017, os xoves, sábados, domingos e festivos.
Corzos (machos): 27 de agosto ata o 15 de outubro de 2016, en batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que poderán ser todos os días.
Corzos (femias): 3 de setembro e o 15 de outubro de 2016 ou ben entre o 7 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2017, á escolla.
Xabaril: Xoves, sábados, domingos e festivos desde o 27 de agosto de 2016 ata o 15 de xaneiro de 2017, nas modalidades de batida, montaría e espera.
Cervo, gamo e muflón: 3 de setembro ata o 2 de outubro de 2016, calquera día da semana, no caso de machos adultos e femias adultas en descaste e, con todas as modalidades, desde o 16 de outubro de 2016 ata o 15 de xaneiro de 2017, os xoves, sábados, domingos e festivos e calquera día no caso dos axexos.
Cabra montés (Tecores do Xurés): 15 de setembro de 2016 ata o 15 de marzo de 2017
Adestramento de cans: 1 de setembro de 2016 ata o 15 de outubro de 2016 os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e desde o 16 de outubro de 2016 ata o 6 de xaneiro de 2017 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. Nos Tecor con prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro de 2017 ata o 15 de marzo de 2017 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

11/8/16

ORDE do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016.

Artigo 1. Obxecto e principios

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (xabaril, lobo, oso e outras especies), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Actuacións subvencionables

Ao abeiro desta orde, subvencionarase:

1. Para a prevención de danos ocasionados polo lobo: a adquisición de cans mastíns, pastores eléctricos e cerrumes de malla electrificada, que se faga con posterioridade á publicación desta orde.

2. Para a prevención de danos ocasionados polo oso, xabaril ou outras especies de fauna silvestre: a adquisición de pastores eléctricos, que se faga con posterioridade á publicación desta orde.

Non será obxecto de subvención o IVE, o transporte dos materiais nin a man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da actuación subvencionable.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Para a prevención de danos ocasionados polo lobo e o oso, poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, das especies de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal, mular e apícola.

2. Para a prevención de danos ocasionados sobre producións agrícolas polas especies de fauna silvestre, poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 13.

4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.