5/2/17

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO.- Acordo polo que se autoriza o inicio da tramitación do Anteproxecto de Lei de patrimonio natural de Galicia

MEDIO AMBIENTE INICIA A TRAMITACIÓN DA NOVA LEI DE PATRIMONIO NATURAL DE GALICIA, QUE ACTUALIZARÁ A NORMA VIXENTE DESDE 2001
_ O Consello da Xunta aprobou o acordo para iniciar os trámites do anteproxecto lexislativo, co que se pretende levar a cabo unha protección transversal do patrimonio natural galego, modernizar a lexislación autonómica nesta materia e consolidar a preservación do patrimonio e da biodiversidade como unha prioridade
_ Entre as principais novidades cómpre salientar a introdución da nova figura das microrreservas naturais e a creación do Catálogo de hábitats en perigo de desaparición
_ O texto introduce cambios substanciais no réxime sancionador en aplicación das previsións estatais básicas, o que suporá un incremento das contías